Atopan restos humanos nas proximidades da vivenda do ancián de Poio desaparecido
Por Redacción
Na mañá deste domingo, axentes da Garda Civil atopaban restos dun corpo humano na contorna de Fragamoreira, no municipio de Poio, segundo relatan fontes da investigación.
Estes restos, sen signos de violencia, segundo as primeiras observacións, atópanse nas proximidades da vivenda na que residía o ancián que desaparecera o 12 de novembro de 2017 e que, tras diversas actuacións de busca, nunca chegou a atoparse.
Francisco Rodiño Ucha, de 84 anos, residía en Camiño do Monte, en Fragamoreira, San Xoán de Poio. Agora, a investigación céntrase en comprobar se os restos pertencen ao desaparecido. Ata a zona desprazáronse, ademais de axentes da Garda Civil, efectivos de Protección Civil de Poio e a autoridade xudicial para levar a cabo o levantamento do cadáver e trasladalo ao anatómico forense para proceder a analizar os ósos.
Relacionadas:
-
Colectivos de Poio fórmanse coa Policía Local para saber como actuar ante persoas desaparecidas
Por |
-
O domingo haberá unha gran batida de procura para dar co ancián desaparecido en Poio
Por Natalia Puga |
-
Dous drons súmanse ao dispositivo de procura do ancián desaparecido en Poio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada