Incendiase unha furgoneta policial de camuflaxe cando circulaba pola rúa Estrada
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
Unha furgoneta de camuflaxe, pertencente á Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra, incendiábase ao redor das 21.00 horas cando circulaba pola rúa A Estrada nas proximidades da rotonda que conflúe coa avenida Juan Carlos I, segundo informaban servizos de Emerxencias.
Efectivos do Parque de Bombeiros de Pontevedra desprazáronse inmediatamente ata a zona para apagar as lapas do vehículo, que se orixinaban nas proximidades ao motor da furgoneta, unha Fiat Scudo. Non se rexistraron danos persoais, pero a furgoneta quedou no seu parte dianteira practicamente calcinada a pesar da rápida actuación dos bombeiros.
As causas do incendio están aínda por determinar pero, segundo os primeiros indicios, trátase dun problema no circuíto eléctrico. As lapas, o fume negro e as explosións que se orixinaron no motor con motivo do incendio provocaron a alarma entre os residentes desa zona da cidade.