GALLAECIA SPORT BAR revoluciona o lecer en Sanxenxo
Coincidindo coa final da Champions, esta tarde-noite abre as súas portas GALLAECIA SPORT BAR, un local innovador que vai revolucionar o ocio en Sanxenxo.
Situado na rúa Ourense, 24, preto do Mercadona, o GALLAECIA SPORT BAR ofrece aos seus clientes a oportunidade de visionar os partidos do seu equipo favorito nas pantallas xigantes de última tecnoloxía. E para que a experiencia sexa completa, tamén se poderá apostar e vivir fortes emocións.
O produto estrela de GALLAECIA SPORT BAR é o simulador de golf de alta gama, no que se poderá xogar ao golf con amigos, competir con descoñecidos, organizar torneos e gozar dun deporte ata agora ao alcance de poucos. Para completar a experiencia, GALLAECIA SPORT BAR ofrece a posibilidade de prepararse cun adestrador persoal. Nunca xogar ao golf foi tan fácil.
GALLAECIA SPORT BAR quere converterse nunha referencia do desfrute e tamén do bo comer. A oferta é variada e para todos os petos. Desde menú rápido diario ata produtos de primeira calidade en carta, como a carne ao caldeiro ou un bo peixe. Todo iso combinado cunha gran variedade de bocatas e hamburguesas para un petisqueo máis informal. Para todas as idades e gustos.
GALLAECIA SPORT BAR completa a súa oferta cun amplo horario, desde as 8 da mañá ata as 2 da madrugada.
Atención desde primeira hora, empezando por un bo almorzo cun café de variedade arábica da máis alta calidade ou o "especial deportistas", con froitas e torradas.
Sen dúbida, un local diferente de 320 metros cadrados e terraza, para xente que se quere divertir, competir e gozar da compaña nun SPORT BAR único.
Comeza a súa andaina coa Copa de Europa de Fútbol e continúa co Mundial de Fútbol, Moto GP, Mundial de Fórmula 1, Europeos de Baloncesto, Roland Garros, Tour de Francia, Aberto de Estados Unidos de Golf, Final Four de Balonmán, Wimbledon, Supercopa de Europa de Fútbol… Un suma e segue.
GALLAECIA SPORT BAR xa é a nova referencia en Sanxenxo para tomar algo de comer ou beber en boa compaña, no seu amplo interior ou na súa excelente terraza, onde gozar dunha detallada carta e comer ou cear mentres gozas dos eventos deportivos máis interesantes.
GALLAECIA SPORT BAR convida a todos os que queiran achegarse á gran inauguración a partir das 20:00, para gozar dun petisqueo e moitas sorpresas.