Substituídas todas as lámpadas da iluminación pública nas estradas de entrada á cidade
Por Redacción
O Concello de Pontevedra, a través da empresa Setga, está a realizar o cambio das lámpadas da iluminación pública das vías de acceso á cidade nas estradas de Vilagarcía, Ourense, Vigo e a N-558.
Segundo informa o goberno local, esta substitución faise sen cargo ao Concello xa que a empresa Setga foi a adxudicataria hai seis anos, do contrato de mellora da eficiencia e aforro enerxético nestas estradas de entrada á cidade e nas súas contornas.
No contrato figura un mantemento ao cabo do contrato, que se cumprirá en 2019.
En total estanse a substituír 953 lámpadas de VSAP e HM o que supón un aforro do consumo/ano de 411.674 kwh/ano e 65.000 euros; e aforro mantemento/ano de 10.000 euros.
O aforro durante estes sete anos de contrato será de 525.000 euros.