Plan de tráfico polas obras da alta tensión en Monte Porreiro
Por Redacción
O avance das obras de soterramento da liña de alta tensión no barrio de Monte Porreiro obriga ao pechar a rúa Portugal á altura do centro da UNED a partir do luns, 28 de maio. A rúa permanecerá pechada até o 8 de xuño.
A Policía Local habilita un circuíto de mobilidade alternativo co fin de dar servizo aos residentes do barrio e garantir a circulación do transporte público, escolar e da UNED que consiste na inversión do sentido da rúa Francia.
Se desprega, un amplo dispositivo de sinalización, regulamentaria e informativa con paneis no perímetro da obra así como por todo o barrio para informar á poboación de Monte Porreiro e persoas que se acheguen ao barrio neses días.
A liña de alta tensión de Monte Porreiro vai dende a subestación de Mourente (rotonda de Montecelo) até o río, son 1,8 quilómetros, dos que arredor de 700 discorren polo barrio e permitirán eliminar nove torres de alta tensión.
Relacionadas:
-
Monte Porreiro libérase de dez torres de alta tensión
Por Oskar Viéitez |
-
Este luns abre Os Campos e pecha A Pomba debido ao soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro obriga a pechar Os Campos
Por Redacción |
-
O soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro obriga a cortar un carril da rúa Portugal
Por Redacción |
-
A liña de alta tensión de Monte Porreiro estará soterrada a finais de ano
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |