Chegan as Festas de Verán, tres meses de actividades "case a diario"
Por Alejandro Espiño
Achégase o verán e, como todos os anos, será unha tempada chea de actividades na rúa na cidade de Pontevedra. Todas elas agrúpanse nun programa, as Festas de Verán, que o goberno municipal presentou este venres e que, segundo o seu responsable, Carme da Silva, permitirá que haxa un evento "case a diario" durante os meses estivais.
Aínda que tradicionalmente o arranque "oficial" das Festas de Verán era a romaría popular de San Benitiño, o 11 de xullo, Carme da Silva explicou que a programación comezará "moito antes", xa que non hai fin de semana de xuño "non que nos teñamos algo" como Sete Falares, o festival Surfing the Lérez ou a Festa dos Libros.
Un dos grandes atractivos volverán ser os concertos da semana grande, as Festas da Peregrina do 11 ao 19 de agosto, pero o programa estival intégrano centos de actividades que estarán protagonizadas, no seu maior parte, por artistas e grupos galegos e que terán o seu broche de ouro coa Feira Franca, os días 31 de agosto e 1 de setembro.
Sete concertos da Banda de Música de Pontevedra e a Banda de Música de Salcedo formarán parte de Música de Bandas, programa co que comezarán o 30 de xuño as Festas de Verán. As actuacións continuarán, de forma graduada, ata o 23 de agosto.
O ciclo Cinema na Lúa proxectará cinco películas na Praza da Pedreira, en horario nocturno, durante a semana do 3 ao 7 de xullo; e o convento de San Francisco estréase como escenario nas festas co I Festival de Música de Cámara Cidade de Pontevedra, con concertos do Dúo Esjedón e o Dúo Xistra os días 9 e 12 de xullo, respectivamente.
Cultura no Camiño encherá a Praza do Teucro de teatro, música e maxia para toda a familia entre os días 9 e 14 de xullo e, a continuación, celebrarase a tradicional romaría popular de San Benitiño, o 11 de xullo, con múltiples actividades en Lérez e a contorna da praia fluvial. O Memorial Ricardo Portela, pola súa banda, homenaxeará por primeira vez a unha muller: Maruxa das Cortellas, unha gran artista de Soutomaior, os días 13 e 14 de xullo.
A XXVI edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra tomará o relevo do 16 ao 21 de xullo, mentres que o Festixeve, que terá os concertos da Roda e Dakidarría como gran atractivo, será a fin de semana do 21 e 22 de xullo.
Os Bolos do Local substitúen aos 15 Bolos e ofrecerá concertos de Los Puta Mierda, Kaotic, Fondo Norte, Brutal, Frank, Skirl, Particle e Onion Smile na Praza do Teucro os días 23 e 24 de xullo. Será xusto antes de que comecen as Festas de Santiaguiño do Burgo, que encherán o barrio de actividades relixiosas, culturais e lúdicas do 24 ao 27 de xullo.
Paseantes -27 e 28 de xullo-, os concertos de Música en San Roque -31 de xullo ao 4 de agosto-, o ciclo Animatrón -31 de xullo ao 3 de agosto-, Itineranta -7, 8 e 9 de agosto- e o Aquí Cántase -10 de agosto- animarán a cidade antes das Festas da Peregrina, que se celebrarán entre os días 11 e 19 de agosto, cunha ampla programación que se publicará en breve.
A recta final das Festas de Verán chegará con Ponte Coqueta -do 20 ao 26 de agosto-, a Festa do Demo do 23 de agosto e a Feira Franca. Ademais, o programa tamén inclúe a feira de artesanía Chalana -do 18 de xullo ao 5 de agosto- e a Feira do Mel -do 11 ao 18 de agosto-.
Relacionadas:
-
Festixeve enche a carballeira de Vilar do Fragoso de xogos, música, empanada e polbo
Por Manu Otero |
-
Odaiko & Vanessa Muela, música folclórica para oídos agradecidos
Por Paula Sanmartín & Redacción |
-
Man a man, de costas a San Francisco
Por Paula Sanmartín & Redacción |
-
O adeus de Rosendo aos escenarios congrega a miles de persoas en Pontevedra
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A montaxe de atraccións e do escenario en Praza de España, preludio das festas
Por Redacción |
-
Espectáculos na procura de diversión polas rúas de Pontevedra con Itineranta
Por Redacción |
-
Nove compañías animarán as rúas de Pontevedra nunha nova edición de Itineranta
Por Alejandro Espiño |
-
Nas festas "non te pases nin un pelo, tío"
Por Alejandro Espiño |
-
Chegou o Animatrón ao parque das Palmeiras
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Paseantes, un ciclo musical co que "deixarse levar" polas rúas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Artesanía e deseño van da man nunha nova edición da feira Chalana
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Aquí Cántase regresa ás Festas de Verán baixo a dirección de Anxo Xesteira
Por Redacción |
-
O Memorial Ricardo Portela recorda a Maruxa das Cortellas, a muller que "facía falar o pandeiro"
Por Redacción & Diego Torrado & Mónica Patxot |
-
Cinema na lúa propón cinco sesións ao aire libre na Pedreira
Por Redacción |
-
Maruxa das Cortellas, primeira muller homenaxeada no Memorial Ricardo Portela
Por Redacción |
-
Centos de persoas achéganse pola Festa dos Libros na súa primeira xornada
Por Redacción |
-
A xornalista María Varela será a pregoeira das Festas da Peregrina
Por Oskar Viéitez |
-
Quince librerías pontevedresas participan esta fin de semana na Festa dos Libros 2018
Por Redacción |
-
Abre a Oficina da Feira Franca 2018, que estará adicada ás lendas
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Surfing the Lérez, a lume vivo!
Por Marisa Ciordia |
-
A choiva leva a Quico Cadaval a contar as historias inaugurais de Sete Falares no Museo
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Os "bolos" do Local de Música regresan con novidades ás Festas de Verán
Por Redacción |
-
Surfing the Lérez, a "romaría do rock" que marca o inicio das Festas de Verán
Por Alejandro Espiño |
-
Un Surfing the Lérez "sobre rodas" suma a Furious Monkey House, Eladio y los seres queridos ou The Lákazans
Por Alejandro Espiño |
-
Rosendo, Bunbury, Antonio José, Carlos Sadness ou Mocedades estarán nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |