Vía libre para a mellora da estrada provincial entre Ribadumia e a Ruta da Pedra e da Auga
Por Oskar Viéitez
Deputación e Concello de Ribadumia fixeron este xoves oficial o convenio para a mellora da estrada provincial EP-9305 entre Coirón e Ribadumia entre o núcleo e o inicio da ruta da Pedra e da Auga.
Tanto a presidenta da Deputación, Carmela Silva, como o deputado de Mobilidade Uxío Benítez e o alcalde David Castro, manifestáronse satisfeitos polo proxecto de reforma, que ten un orzamento de 225.088 euros, e que, ademais de ter un deseño que beneficiará o tránsito peonil que potenciará a economía e o turismo na zona, instalará servizos urbanos para a veciñanza.
A licitación da obra, segundo asegurou Benítez, será inminente, xa que o proxecto está xa no departamento de Contratación, que está a traballar para aplicar a nova Lei de Contratos. Unha vez comecen as obras, o prazo de execución será dun máximo de catro meses.
O ámbito de actuación abrangue 410 metros de lonxitude coa creación dunha nova senda de 2,5 metros de largo, a instalación de catro redutores físicos de velocidade de vehículos, e unha velocidade máxima de 30 quilómetros por hora.
Relacionadas:
-
Narom executará a mellora da estrada provincial EP-9305 en Ribadumia
Por Redacción |
-
Aprobada a contratación da reforma da estrada entre Ribadumia e a Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción |
-
Este verán mellorarase a estrada provincial entre Ribadumia e a Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción |
-
A Deputación mellorará a estrada que conecta Ribadumia coa Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción |