O PSOE pide obras de urxencia no Camiño Portugués tras o atropelo dunha peregrina en Alba
Por Redacción
O grupo parlamentario do PSdeG-PSOE presentou no Parlamento de Galicia unha serie de iniciativas para reclamarlle ao goberno galego que execute con urxencia as obras de mellora dos 10 puntos negros recoñecidos no Camiño Portugués tras o atropello dunha peregrina este mércores en San Caetano de Alba.
A deputada socialista pontevedresa Patricia Vilán e o portavoz de infraestruturas, Raúl Fernández, presentaron as iniciativas e insisten en que o atropelo foi nun destes puntos situado en San Caetano, aínda que "afortunadamente nesta ocasión sen consecuencias graves".
A peregrina foi arrollada por un vehículo mentres cruzaba San Caetano, na estrada PO-225 que comunica Alba con San Caetano, unha zona que a asociación do Camiño Portugués ven sinalando dende hai anos pola súa perigosidade.
Patricia Vilán lembra que malia o compromiso do goberno galego para mellorar a seguridade no camiño, que se remonta a 2010, hoxe "a situación segue a ser a mesma que hai oito anos, aínda que cun incremento notorio dos peregrinos cada ano". Así, en 2017 houbo 70.000 peregrinos nestas ruta xacobe e a previsión para este ano é de 80.000.
Os socialistas reclaman á Xunta de Galicia que redacte os proxectos e execute as obras necesarias nos puntos negros do Camiño Portugués e urxe a executar antes do remate deste mesmo ano as actuacións necesarias para garantir a seguridade viaria no punto negro do Camiño Portugués para garantir a seguridade viaria das persoas peregrinas e das persoas viaxeiras.
Relacionadas:
-
Chalecos para previr os atropelos de peregrinos
Por Redacción |
-
Tráfico vixía os peregrinos
Por Oskar Viéitez |
-
Ferida leve unha peregrina que foi atropelada en Alba
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada