O Concello ordenará "de oficio" as terrazas da Praza da Estrela
Por Alejandro Espiño
A disputa que existe polo espazo dispoñible para a instalación de terrazas na Praza da Estrela resolverase moi pronto. O goberno municipal deu orde aos técnicos para que resolvan "de oficio" a situación que expoñen o Carabela e o Meigas Fóra.
É a segunda zona da cidade na que se realizará un trámite destas características, incluído na nova normativa de terrazas. Está a aplicarse tamén en Cruz Gallástegui tras a recente reordenación do espazo en toda a rúa.
Esta solución arbitrada, explicou Anabel Gulías, estará resolta nun par de semanas.
O conflito parte dunha sentenza do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Pontevedra, que anulaba todas as resolucións ditadas polo Concello polas que se denegaba ao Meigas Fóra a instalación de veladores na praza da Estrela, abrindo a porta para colocar nese espazo outra terraza diferente á do coñecido bar Carabela.
A solución a esta disputa, demorada ata a aprobación da nova normativa de terrazas, será tratada cos responsables de ambos os establecementos.
Os técnicos determinarán o espazo que poderá ocupar cada un deles, que será delimitado no chan da propia praza para que non se repita esta situación.
Relacionadas:
-
Unha hostaleira pontevedresa, trala morte do seu pai por COVID-19, pide á ministra de Traballo axuda para os seus empregados
Por Redacción |
-
As terrazas poderán abrir ata as dúas e media da madrugada no verán
Por Natalia Puga |
-
A praza da Estrela, regulada cun límite máximo de 30 veladores
Por Redacción |
-
Unha hostaleira denuncia que as "trabas" do Concello impídenlle 'facer o agosto' na praza da Estrela
Por Natalia Puga |
-
O Carabela perde o monopolio da terraza na Praza da Estrela
Por Oskar Viéitez |