Uns que veñen, outros que se van
Por Redacción
A xerencia dos hospitais de Pontevedra e O Salnés celebraba este martes o acto oficial para despedir a 32 especialistas que viñeron formándose durante os últimos meses en hospitais e centros de saúde da área sanitaria norte.
A súa marcha coincide coa chegada de 36 novos residentes que se incorporan para realizar prácticas en especialidades hospitalarias, medicina familiar e comunitaria, enfermería obstétrico-xinecolóxica e enfermería familiar e comunitaria.
O evento estivo presidido polo xerente José Ramón Gómez e celebrábase no salón de actos do Hospital Montecelo. Durante este acto tamén se entregaron os certificados de especialistas aos que finalizaron o seu período formativo. Os novos residentes permanecerán nos centros sanitarios públicos entre dous e cinco anos, dependendo das súas especialidades.
A presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía, África González, foi a encargada de ofrecer unha charla titulada 'Immunology power: a revolución na clínica', na que reflexionou sobre a necesidade de incorporar ao campo da inmunología aos centros hospitalarios.