Susto en Loureiro Crespo pola caída dunha cornixa sobre a vía
Por Diego Espiño
Afortunadamente todo quedou nun susto, grande para os peóns que a esa hora pasaban polo lugar.
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que intervir á primeira hora da noite do sábado na rúa Loureiro Crespo despois de que unha cornixa de pedra se precipitase sobre a vía.
A peza de pedra caeu ao baleiro desde unha xanela do sétimo piso do edificio número 10 da rúa.
A sorte residiu en que non houbo que lamentar danos persoais sobre os peóns, aínda que si se viron afectados dous coches aparcados no lugar.
O suceso tivo lugar pouco antes das 22:30 horas da noite, e os bombeiros procederon a retirar o resto da cornixa e a asegurarse de que o resto de pedras da fachada atopábanse debidamente suxeitas antes de abandonar a zona media hora máis tarde.