Os 'saltóns' pásano en grande no Parque Amalia Álvarez
Por Redacción & Diego Torrado
O Parque Amalia Álvarez encheuse este sábado de 'saltóns', nunha nova xornada do seu particular clube.
O Club de Saltóns, que busca aproveitar os espazos verdes existentes na cidade como espazo natural de xogos para nenos, tiña preparada unha serie de actividades que gozaron ao máximo os nenas e nenos participantes.
Desde calcomanías, pasando pola creación dunha coreografía e ata polo pintado dos bancos do parque. Foron as tarefas que provocaron as risas e diversión dos máis pequenos.
O Club de Saltóns mantivo a actividade durante boa parte da tarde do sábado, empezando ao redor das 16:30 horas e prolongándose ata as 20:00 horas da tarde.