Cerdedo-Cotobade habilita 170 prazas en campamentos e ludotecas de verán
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade ten programadas as súas accións de conciliación familiar e laboral para o verán, que contemplan a habilitación de ata 170 prazas en campamentos e ludotecas que se desenvolverán entre os meses de xullo e agosto.
Xa está en marcha a iniciativa Campalledo 2018, que ten aberta a inscrición ata o próximo 16 de xuño e que contará con capacidade para 60 nenos. Este campamento celebrarase en dúas quendas: o primeiro destínase a 30 nenos e nenas de 7 a 11 anos de idade e terá lugar do 8 ao 14 de xullo no CEIP de Carballedo, mentres que o segundo contará con outras 30 prazas para nenos e nenas de máis de 12 anos e realizarase do 15 ao 21 de xullo.
O custo de inscrición é de 60 euros para os empadroados no municipio e de 80 euros para o resto, sendo necesario solicitar praza a través da OMIX ou cumprimentando a ficha que figura na web municipal.
Ademais o goberno local ten deseñadas as ludotecas, cuxo prazo de inscrición abrirá nos próximos días. Do mesmo xeito que en veráns precedentes, haberá dúas no mes de xullo en Cotobade, unha en Carballedo con 40 prazas e outra en Tenorio coa mesma oferta, e unha terceira en Cerdedo para 30 nenos no mes de agosto.
Relacionadas:
-
Bota a andar o campo internacional de traballo de Carballedo con 13 mozos de España, Taiwán, México e Xapón
Por Redacción |
-
Máis de 150 nenos participan nas ludotecas e campamentos de verán de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Tres ludotecas entreterán no verán a rapaces en Carballedo, Tenorio e Cerdedo
Por Redacción |