Non soubemos aproveitar a parada biolóxica do Prestige
Por Oskar Viéitez
O presidente da Federación provincial de Confrarías, o patrón maior de Portonovo, José Antonio Gómez, lamentou que no sector non soubemos aproveitar a parada biolóxica do Prestige para reorganizarnos.
Aquela catástrofe ecolóxica supuxo catro meses de paro forzoso, nos que o Prestige pechou o mar a base de marea negra. "Aquilo debeu servir para corrixir erros organizativos e cambiar algunhas formas de traballo", con todo, segundo o presidente da Federación pontevedresa, "deixouse escapar esa oportunidade".
Non houbo cambio algún entre as artes de pesca e especies. Ningún segmento da flota cambiou a súa forma de traballo na plataforma galega.
Tralo levantamiento da veda forzosa, no menor dos casos de 120 días, os mariñeiros estaban preocupados polo estado das pesquerías, por saber como estaban os recursos. Algúns bromeaban dicindo que xa non sabían navegar, que se ían a marear
"Aquilo debeu servir para corrixir erros organizativos e cambiar algunhas formas de traballo"
E efectivamente a produción de peixes e mariscos frescos caeu un 7% en Galicia o ano do Prestige, segundo os datos da Consellería de Pesca. Pero o balance final ofreceu algunhas conclusións positivas, como o feito de que o bo comportamento dos prezos compensou en parte o descenso de capturas.
Respecto da evolución da contaminación que causou o petroleiro, os indicadores diminuíron dunha forma moi rápida, o ecosistema recuperouse e os marineros volveron a faenar, "coma sempre".