O segundo plan social de Ence atrae preto de medio milleiro de proxectos
Por Redacción
Uns 470 proxectos presentáronse á segunda convocatoria do plan social de Ence en Pontevedra, deseñado para financiar iniciativas empresariais, culturais, sociais, deportivas ou veciñais nos municipios de Pontevedra, Marín e Poio.
O importe destes proxectos, segundo destaca a compañía, elevouse ata os 11 millóns de euros.
Entre as solicitudes, destaca o número de solicitudes presentadas nas áreas de apoio ao deporte, con 175 proxectos; e de recuperación e coidado da contorna, con 90 solicitudes.
Os programas de impulso ao emprendemento e á innovación recibiron 68 propostas, apoio á educación e a cultura 55, loita contra a exclusión social 41 e axudas veciñais 38.
Esta resposta pon de manifesto, aseguran desde Ence, o éxito desta iniciativa de compromiso e contribución á contorna social da fábrica de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O segundo Plan Social de Ence entregará axudas a cerca de 300 proxectos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Ence asegura que os investimentos na fábrica de Lourizán reforzan a súa fiabilidade ambiental
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE tramita a construción dunha planta de biomasa en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Ence convoca a segunda edición do Plan Social para Pontevedra, Marín e Poio
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |