Chega a primeira fin de semana de praia do ano
Por Oskar Viéitez
O Día das Letras Galegas foi celebrado por miles de galegos cun chapuzón. As praias das Rías Baixas presentaban este xoves unha estampa puramente estival que se repetirá durante esta fin de semana cunha previsión de sol e calor.
A temperatura alcanzou este xoves en Pontevedra os 29,3 graos.
Segundo informa Meteogalicia para o sábado e o domingo espéranse temperaturas similares grazas ao anticiclón situado sobre as illas británicas.
Ademais soben as temperaturas mínimas polo que a noite do sábado tamén será estival con valores ao redor dos 19 graos.
A única variación no prognóstico de sol e a calor para o domingo é a presenza de nubes de evolución que suavizarán a sensación de calor e que mesmo poderían deixar algún simulacro tormentoso.