Asociacións de cazadores, radio afeccionados ou todoterreos, novas fichaxes contra o lume
Por Oskar Viéitez
O dispositivo de loita contra incendios forestales en Galicia incorporará este ano a distintas entidades que colaborarán na campaña de alto risco, segundo a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.
Ademais dos Concellos, que se sumarán voluntariamente ao dispositivo contra o lume a través da constitución das brigadas municipais, a Xunta engadirá á súa rede de "vixilancia e disuasión" a outras entidades como a Federación galega de caza, colectivos de radio afeccionados ou clubes de usuarios de vehículos 4x4, entre outros.
Quintana insistiu na necesidade de "traballar todos xuntos" para que os inciendios forestais "deixen de ser un tema preocupante" na nosa comunidade.
Outras "melloras" dentro do Plan de loita contra os incendios pasarán pola incorporación das novas tecnoloxías e o incremento das cámaras de vixilancia no monte.
A conselleira avanzou que o Comité Integrado de Prevención de Incendios Forestales de Galicia, que coordina a todas as administracións con responsabilidades na loita contra o lume, será convocado "en breve", antes de que empece a tempada estival, que se prevé complicada, segundo recoñece a Xunta.
A titular de Medio Rural, que acudiu este venres a Pontevedra para a firma dun convenio na Deputación, apelou "á conciencia de todos" para promover un monte "produtivo" e insistiu na necesidade de "implicar" a toda a cidadanía na solución deste problema.