600 motos concentráronse nun encontro en Verducido
Por Redacción
O colectivo Motoclub Plantallelume organizou esta fin de semana un encontro de afeccionados ás motos na parroquia pontevedresa de Verducido.
A cita contou coa presenza de máis de 600 participantes que realizaron diversas actividades nun ambiente festivo. Desta forma, a organización puxo en marcha rutas tanto durante o día como tamén pola noite nun percorrido en que se portaban fachos, tamén se desenvolveu unha cea de irmandade acompañados por unha charanga e un DJ encargado de amenizar a velada musicalmente.
Motoclub Plantallelume, que conta con máis de 120 integrantes, ten previsto levar a cabo unha concentración de protesta o vindeiro domingo 27 de maio na chaira do Recinto Feiral de Pontevedra para denunciar o abuso recadatorio que entenden está a levarse a cabo contra o colectivo de usuarios de motos por parte da Dirección Xeral de Tráfico.
Os organizadores animan a sumarse a todos os afectados por multas que lles parezan abusivas.