O Grove outorga máis de 6.000 euros anuais en axudas por nacemento de fillos
Por Redacción
O Concello do Grove outorgou 28 axudas por nacemento de fillos, o que sumou un total de 6.300 euros, cunha contía maioritaria de 200 euros dirixidas a familias con rendas baixas.
O goberno local do Grove modificou a fins de 2016 anos as bases de axudas por nacemento de fillos. Estas axudas se estaban outorgando de xeito xeral e independentemente dos recursos dos que dispuxera a familia demandante, establecendo 100 euros para o primeiro fillo, 150 para o segundo e 200 para o terceiro.
A modificación pasou por outorgar as contías directamente vinculadas cos recursos da familia de tal xeito de que as rendas máis baixas percibiran as axudas que, ata entón eran concedidas de xeito automático sen ter en conta esa realidade.
Tras a aplicación destes cambios os resultados indican que se teñen optimizado os recursos que agora mesmo se atopan focalizados onde realmente se precisan. En función diso no ano 2016 outorgáronse axudas por un total de 60 axudas que maioritariamente tiñan una contía de 100 euros, sumando un total de 7.050 euros.
Dende o Concello do Grove valoran moi positivamente esta modificación xa que permite que as familias reciban unha axuda realmente significativa e non se outorguen as mesmas en contías reducidas que non solucionan as necesidades reais dunha familia con rendas baixas.
No relativo ao 2018, nos primeiros meses do ano se teñen tramitado sete solicitudes.