Arde un garaxe dunha casa en Vilanova de Arousa
Por Redacción
Un incendio nun garaxe particular mobilizou esta madrugada aos servizos de emerxencia. O galpón pegado á vivenda e que os seus donos utilizaban como garaxe, ardeu case por completo ademais de ferramentas e outros utensilios que había no seu interior.
Con todo, un coche estacionado no lugar puido ser retirado a tempo sen que se vise afectado polas chamas.
Segundo informou o 112, ao fío das 04:45 horas, os servizos sanitarios de urxencia comunicaban ao 112 Galicia que desprazaban -por precaución- unha ambulancia para unha casa no lugar de Cálago debido a un incendio nun garaxe pegado a unha casa, na que residía unha persoa encamada.
Afortunadamente, o lume só afectou o galpón e ningún residente da vivenda necesitou asistencia sanitaria.
Nada máis recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Vilagarcía que enseguida se desprazaron ao momento. Tamén, a Garda Civil e os efectivos de Protección Civil da localidade dirixíronse ao lugar nada máis ser alertados polo 112 Galicia.