Rescatados dous piragüistas despois de envorcar en Pedras Negras
Por Oskar Viéitez
Os efectivos de Protección Civil do Grove rescataron esta tarde cunha embarcación dúas persoas que navegaban nunha piragua que envorcou, debido a un golpe de mar, nas proximidades do porto de Pedras Negras.
Unha persoa particular que navegaba noutra piragua xunto ás persoas naufragadas contactou co 112 Galicia para dar conta do sucedido ao fío das 17:30 horas.
Enseguida, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Pesca-I, aínda que finalmente descartouse a súa intervención.
Unha vez na embarcación de Protección Civil, as dúas persoas foron evacuadas ata o porto de Pedras Negras, onde foron atendidas polo persoal do 061- Urxencias Sanitarias. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, atopábanse en perfecto estado de saúde.