Os morcegos do Gafos xa teñen refuxios, que se preparen os mosquitos
Por Oskar Viéitez
Na mañá deste sábado Vaipolorío colocou seis caixas refuxio para morcegos no río Gafos.
Nesta tarefa colaboraron a Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra a Ticket2Europe e o voluntariado europeo Erasmus+.
O traballo comezou ás dez da mañá. O traballo foi estudado polo miúdo, dende o deseño levado a cabo ao abeiro do proxecto Green Campus, ata a elección das puntas coas que foron cravadas nas árbores, "de aleación de aluminio homologadas para este fin por la BBA ,a German Federal Biological Institute of Agriculture and Forestry ".
O morcego, único mamífero voador, está protexido en toda Europa onde están catalogadas preto de 30 especies, alomenos dúas delas están presentes no Gafos.
O morcego é un dos mellores antimosquitos biolóxicos, á vez que equilibra o ecosistema e coida da nosa saúde. A súa voracidade é tal que un morcego pode comer máis de 1.000 destes insectos nunha noite, o equivalente á metade do seu peso.
Relacionadas:
-
O proxecto Green Campus define a súa folla de ruta para este curso
Por Redacción |
-
A do sábado é a Noite Europea dos Morcegos
Por Redacción |
-
Empeza unha nova campaña de limpeza de Vaipolorío
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío e a Escola de Forestais instalarán caixas refuxio para morcegos na contorna do Gafos
Por Oskar Viéitez |