Marea Pontevedra elixe os órganos de dirección política
Por Redacción
A recentemente renovada xoordinadora xeral de Marea Pontevedra, Peque González, e o tamén renovado vicecoordinador, Jaime Acuña, compareceron este sábado ante os medios para facer públicos os resultados da elección da nova coordinadora do colectivo cidadá.
O resultado das eleccións, relatou Peque González, "configura a coordinadora máis cidadá da historia de Marea Pontevedra". Do mesmo xeito aclarou que trátase dun órgano plural, "no que contamos con persoas de diferentes sensibilidades e sectores sociais, desde movementos sociais ata sanidade, mobilidade ou servizos sociais".
Esta coordinadora xeral, máximo órgano político entre asembleas, será a responsable de continuar os pasos do "Camiño 19" iniciados coa proposta da "Praza do Mar" e co "Plan de Transporte Público Urbano" con novas propostas que "iremos presentado de aquí a maio de 2019 e que se farán efectivas cando Luís Rei sexa o alcalde de Pontevedra", concluíu Peque.
Jaime Acuña aclarou que son as terceiras eleccións que fai Marea Pontevedra e tamén as que contaron con maior participación. "Non deixa de ser un síntoma de que somos unha formación en claro crecemento. Se seguimos traballando na mesma liña estaremos en disposición de gobernar a cidade a partir do ano 2019". A elección realizouse ao longo desta semana entre as persoas inscritas de Marea Pontevedra por primarias con voto en urna.
Do mesmo xeito ambos coincidiron na necesidade de continuar ampliando a base social da Marea para poder contar con "aínda máis sensibilidades e máis pluralidade para representar mellor a nosa cidade".