Elaboracións europeas no mercado de Marín
Por Redacción
O programa "Degusta Europa" levou este venres á praza de abastos de Marín diferentes elaboracións culinarias que achegaron á cidadanía a innovación e a vangarda gastronómica de man do alumnado do centro Carlos Oroza de Pontevedra.
Esta iniciativa ten por obxectivo poñer en valor os nosos mercados e materias primas elaborando en directo e con produtos das nosas rías e o noso campo unha serie de tapas inspiradas na temática europea.
"Tartaruga ninja" ou "blue tropic" foron dous dos ricos pratos servidos en Marín.
A próxima cita desta iniciativa será o 15 de maio no mercado de Vilagarcía, de 11:00 a 12:00 horas.