A Subdelegación de Defensa celebrou o seu día institucional
Por Redacción
A Subdelegación de Defensa en Pontevedra celebrou este venres o seu día institucional cun acto presidido polo delegado de Defensa en Galicia, o coronel Juan Carlos Sancha Orduña.
Durante o acto impuxéronse condecoracións a diversos militares pola súa traxectoria profesional e fíxose entrega de diplomas e nomeamentos ao persoal reservista voluntario.
A Subdelegación de Defensa tamén premiou o labor xornalístico de Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra e PontevedraViva pola súa contribución á difusión da cultura da seguridade e a defensa, así como das actividades das Forzas Armadas.
O subdelegado de Defensa na provincia, o coronel Ángel de Miguel Campos, agradeceu no seu discurso o apoio que recibe tanto esta institución como todas as unidades das Forzas Armadas por parte da sociedade pontevedresa e destacou o recoñecemento ao labor da Subdelegación coa obtención este ano do "Sello de cristal" como unha das unidades máis eficaces da Administración Xeral do Estado.
Relacionadas:
-
Defensa inicia en Pontevedra o proceso para cubrir 3.000 prazas de militares profesionais
Por Redacción |
-
A Alameda vístese de verde militar
Por Redacción |
-
O Ministerio de Defensa recruta 53 pontevedreses
Por Redacción |
-
Carta a un militar español, de Icía Rey
Por Redacción |
-
Pontevedra acolle unha exposición sobre a "Misión: Líbano"
-
Defensa recruta a 55 pontevedreses para Tropa e Mariñeiría Profesional
Por Redacción |