O Concello e a ONCE asinarán un convenio para urbanizar a parcela do colexio
Por Redacción
O Concello de Pontevedra e a ONCE mantiñan este xoves unha reunión político-técnica para pechar as bases do acordo que asinarán en próximas semanas. Xa se emitiron informes favorables dos servizos de Urbanismo e Arquitectura municipais. A idea é levalo á Xunta de Goberno e aprobalo, antes de que se asine o convenio.
Este acordo permitirá crear accesos adecuados na zona administrativa de Campolongo, desde a avenida de Vigo. Con esta proposta conséguese mellorar a comunicación entre San Brais e a avenida de Vigo coa rúa María Victoria Moreno e Campolongo.
Ademais manterase a permanencia da actividade da Organización Nacional de Cegos en Pontevedra, reforzando as súas actividades con novas iniciativas de tipo social.
No novo convenio, o Concello recuperará a parcela da Unidade 18, entre Joaquín Costa e Doce de Novembro, ao abandonar a ONCE da idea construír nese espazo un novo centro educativo. O Concello poderá destinar estes terreos para usos dotacionais.