Cuntis quere fomentar o emprego impulsando o cultivo de hortalizas e froitas
Por Redacción
Cuntis quere poñer en marcha o Programa Empleaverde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, unha iniciativa da Fundación Biodiversidade. Para acometelo desenvolverase o proxecto 'Dinamización verde da actividade hortofrutícola', unha proposta que quere promover a creación de emprego en zonas rurais.
Este proxecto estatal executarase nos concellos de Cuntis e en Fuentes de Ebro, en Zaragoza. As persoas que queiran participar contarán con cursos de formación en 'Hortifruticultura sustentable' de forma gratuíta.
Estes cursos van a destinados a persoas desempregadas. A través desta formación obterán coñecemento de técnicas e operacións de cultivo de hortalizas e froitas de forma sustentable e respectuosa co medio ambiente. Ademais impartiranse técnicas para a xestión destas explotacións.
A formación ofrécese tanto de forma presencial como a distancia. Cada unha das modalidades conta con 120 horas. As persoas interesadas poden obter máis datos a través de cfoaran@concellodecuntis.es ou chamando ao número de teléfono 986 548 708 ó 986 532 579 entre as 09:00 e as 14:00 horas.
Relacionadas:
-
Un proxecto provincial fomentará o emprego no sector apícola
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños de Cuntis formáronse en hortofruticultura sustentable
Por Redacción |
-
Cuntis impulsará a actividade hortofrutícola grazas a un proxecto europeo
Por Redacción |
-
Cuntis e Fuentes de Ebro, en Zaragoza, unidos polo programa 'Emplea Verde'
Por Redacción |