O fiscal xeral do Estado propón que Aladro encabece a Fiscalía de Pontevedra cinco anos máis
Por Natalia Puga
A falta do nomeamento definitivo por parte do Consello de Ministros, Juan Carlos Aladro Fernández, fiscal xefe da Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra desde o ano 2007, seguirá no cargo cinco anos máis.
O pleno do Consello Fiscal celebrado este xoves aprobou que o fiscal xeral do Estado, Julián Sánchez Melgar, propoña ao Consello de Ministros o nomeamento de Aladro para que renove nesta praza para un novo mandato de cinco anos.
Aladro chegou á Fiscalía de Pontevedra no outono de 2007 tras pasar pola fiscalía de área de Vigo, na que estivo preto dunha década como especialista en delitos ambientais e contra a ordenación do territorio, e polas oficinas de Cambados e Tui. Ademais, xa previamente estivera destinado na o cidade do Lérez.
Nacido en León, Juan Carlos Aladro exerceu toda a súa traxectoria profesional en Galicia. Leva na carreira fiscal 29 anos.