Unha pequena gabia en San Francisco descobre restos arqueolóxicos
Por Oskar Viéitez
Unha pequena gabia en San Francisco descobre restos arqueológicos. Israel Picón, arqueólogo de Citania Arqueoloxía explicou que se descubriu un "sumidoiro de saneamento pétreo, de edade contemporánea e de moi boas proporcións que debeu formar parte do firme dunha antiga calzada".
Por outra banda, máis cara ao interior ao pé das escaleiras de San Francisco, seguindo a liña do propio muro que pecha contra a tabacalera, atoparon "o que debe de ser a continuación do muro de peche", polo tanto unha construción coetánea co propio monasterio franciscano.
Este arqueólogo de Citania, unha empresa dedicada á arqueoloxía e á xestión integral do Patrimonio Cultural, sinalou que este descubrimento non implica paralizar as obras xa que non se trata dunha excavación senón un control de obra enmarcado nos traballos de humanización da Ferrería polo que agora os arqueólogos ducumentarán as estruturas e sinalarán por onde se terá que canalizar o cableado eléctrico da rede de media tensión facendo un pequeno desvío para respectar os restos atopados.
Mentres duran estes traballos está cortada a escaleira de acceso á Igrexa de San Francisco polo que é necesario empregar a escaleira da Antiga Delegación de Facenda para entrar no templo.