Unha década despois retómanse as obras de urbanización do parque empresarial de Nantes
Por Oskar Viéitez
Este martes 8 de maio comezaron as obras de urbanización no Parque Empresarial de Nantes que permitirán a súa posta en marcha definitiva. O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e a concelleira de urbanismo, María Deza acudiron ao recinto para comprobar como unha década despois retómanse as obras.
Trátase dos traballos de limpeza de viarias, beirarrúas e zonas verdes do parque empresarial, adxudicado á empresa Viasalnés por un importe de 34.249 euros.
Tamén se repararán os viarios, beirarrúas e senda peonil da zona verde do parque empresarial de Nantes, traballos adxudicados á empresa COVSA por un importe de 71.953 euros.
Ademais repararase a rede de abastecemento de augas residuais, pluviais e abastecemento de auga, unha obra que foi adxudicada á empresa Espiña e Delfín por un importe de 119.373 euros.
A empresa Setga encargarase de repoñer a instalación da iluminación, por un importe de 4.859 euros, e a firma Acad Viaria corrixirá as deficiencias na sinalización horizontal e vertical por un importe de 31.244 euros.
Relacionadas:
-
Sanxenxo denunciará por desobediencia ao propietario dunha nave precintada pola Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez |
-
Os propietarios do polígono de Nantes deberán poñer 638.391 euros para desatascalo
Por Redacción |