O goberno local de Sanxenxo acusa ao BNG de ser "profeta do catastrofismo"
Por Oskar Viéitez
O goberno local bipartito de Sanxenxo (PP+SAL) acusa o grupo municipal do BNG de ser "profeta do catastrofismo" tras revelar os nacionalistas que o Concello de Sanxenxo perdeu o recurso de casación presentado ante o Tribunal Supremo pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que condena á administración local a abonar aos irmáns Rocafort máis de 7 millóns de euros por unha parcela situada nas inmediacións do Paseo de Silgar, na rúa das Cunchas.
Segundo o goberno local na pasada lexislatura e durante a campaña electoral de 2015, o BNG dixo que a expropiación desta zona verde custaríanos 47 millóns de euros e "agora, volven prognosticar que nos podería custar 5, 6 ou 7 millóns de euros. Pero tamén poderían ser menos e mesmo só os 3 millóns de euros que xa estaban previstos".
"De momento gañamos 40 millóns de euros sobre o seu anterior prognóstico", contesta ao Bloque o goberno de Telmo Martín.
O executivo local de Sanxenxo recomenda prudencia ao BNG, porque "neste asunto hai dous partes e, ademais, aínda non está todo escrito", asegurando que van defender os intereses do municipio "ata a extenuación".
"Sospeitosamente os prognósticos do BNG coinciden cos desexos da familia Rocafort. Se o BNG estivese a gobernar é evidente que xa lles terían pagado todo o que piden. Afortunadamente para Sanxenxo, hai outro goberno que confía en lograr un mellor resultado. O tempo dará ou quitará a razón a uns ou a outros", conclúe o goberno local nun comunicado.
Relacionadas:
-
O BNG di que o bipartito de Sanxenxo recorre o pago á familia Rocafort para "gañar tempo ata as próximas eleccións"
Por Redacción |
-
Sanxenxo reclamará a propiedade dos terreos dos Rocafort
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo recorre para non pagar pola zona verde dos Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE reclama a Telmo Martín "que abandone a política local de forma definitiva
Por Oskar Viéitez |
-
Condenan ao Concello de Sanxenxo a pagar máis de 7 millóns de euros por unha finca aos irmáns Rocafort
Por Oskar Viéitez |