Poio mellora o saneamento en dous camiños do municipio
Por Redacción
O Concello de Poio concluíu os traballos para a mellora de dous camiños do municipio, o Camiño das Cachadas e o Camiño das Bocas.
A concelleira de Obras, Chelo Besada, supervisou o final destes traballos que se financiaron con fondos propios e foron executadas por operarios dos servizos municipais.
No Camiño das Cachadas, que discorre pola zona do Vao de Arriba, instaláronse canalizacións de pluviais, pavimentouse a vía e repuxéronse os servizos de saneamento, abastecemento e canalización á fonte existente.
Pola súa banda, no Camiño das Bocas, reparouse e mellorouse o sistema de recollida de pluviais, pavimentouse o sobreancho e retirouse a terra que invadía o viario, facilitando novos espazos de estacionamento e mellorando o estado xeral do viario.