Un halo solar sorprende no primeiro de maio sobre Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción
Moitos pontevedreses quedaron sorprendidos a primeiras horas da tarde do primeiro de maio coa presenza dunha imaxe espectacular. Ao redor do sol distinguíase unha circunferencia luminosa que se podía ver desde distintos puntos da provincia.
A fotógrafa Cristina Saiz captaba a imaxe para PontevedraViva desde a parroquia de Santo André de Xeve. O halo durou máis de dúas horas.
Trátase dun fenómeno meteorolóxico denominado halo solar. Este efecto visual xérase ao formarse partículas de xeo que quedan en suspenso na tropósfera, nas minchas máis altas denominadas cirros. Ao reflectirse a luz procedente do sol, as partículas de xeo provocan esa imaxe de cores que garda similitude co habitual arco da vella formando un círculo ao redor do astro rei.
Segundo The Weather Channel, este fenómeno asóciase popularmente coa chegada de choivas, aínda que non se trata dunha predición fiable. Neste caso, si se cumpriu a idea popular e este mércores 2 de maio amenceu con precipitacións nas Rías Baixas.