Renovan os aparellos biosaudables da praia de Portocelo
Por Oskar Viéitez
A praia de Portocelo recibe diariamente por centos de persoas que camiñan ata a zona e fan uso dos elementos de biosaudables alí instalados para facer exercicio físico. Todos eles poderían comprobar estes días que un par deles foron retirados para ser substituídos por outros novos máis modernos.
Segundo informou o goberno local, instalaranse máquinas para poder exercitar a cintura ata tres persoas simultaneamente; outro equipo está composto por catro rodas deseñadas para o exercicio de ombreiros, cóbados e o pulso; outro, coñecido como patíns, está deseñado para exercitar a cadeira e finalmente instalarase unha bicicleta estática.
O orzamento ascende a máis de 3.000 euros.
CASETA DE TURISMO
O Concello de Marín está a proceder á posta a punto da caseta de información e turismo de Marín, co tratamento da madeira e a substitución do tellado e dos beirados da fachada.
No interior reparouse o mostrador e adaptouse para persoas con mobilidade reducida e substituíronse os cristais das xanelas.