Máis de 100 traballadores do CHOP protestan no 1 de maio ante os recortes nos hospitais pontevedreses
Por Anxo Lourido
Ao final da marcha convocada por CC.OO e UGT neste 1ª de Maio, un colectivo de profesionais do Complexo Hospitalario de Pontevedra manifestábase polas rúas da cidade.
Unha das integrantes asegura que non pertencen a ningún sindicato pero "nos sumamos a ésta porque fue la primera que encontramos". Ela lamentaba a convocatoria de dúas manifestacións "cuando los sindicatos deberían estar unidas en estos momentos porque, entre otras cosas, está en grave peligro la sanidad pública".
Cun megáfono, o que fora delegado de sanidade de Comisións Obreiras hai máis dunha década, Rafael Vázquez, pronuncia cánticos a favor da sanidade pública. "No tenemos un portavoz", afirman, "ni nos vamos a constituir como plataforma. Estamos aquí porque queremos denunciar los continuos recortes que estamos sufriendo en los hospitales de Pontevedra".
Outra das manifestantes indica que "los que más estamos sufriendo los problemas en el CHOP somos las enfermeras y los médicos. No se sustituyen jubilaciones ni bajas y eso empeora el servicio a los pacientes". Mesmo apuntan que se está a recortar en material sanitario e aseguran que "no se ofrecen los tratamientos caros". Denuncian tamén que se están privatizando servizos como o mantenemento de electromedicina, o almacén e parte da xestión de laboratorios.
Os manifestantes sinalaron que, coa actual xerencia, se ven producindo unha perda da calidade asistencial derivada dos recortes en persoal e servizos.