Ponte Caldelas réndese a Santi Serra, o home que borboriña aos cabalos
Por Redacción
Centos de persoas acudiron durante este domingo ás instalacións hípicas de Ponte Caldelas para ver as habilidades do adestrador de cabalos, Santi Serra Camps.
A choiva obrigou a celebrar a exhibición nunha pista cuberta. Alí, Santi Serra mostrou a súa facilidade para entenderse con nove equipos de Pura Raza Árabe, que realizaron diferentes acrobacias, acompañados por dous cans e seguindo as instrucións do preparador catalán, que en 2012 gañaba o concurso televisivo 'Ti se que vales'.
Tras a doma natural, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, entregaba os diplomas a aquelas persoas que colaboraron na loita contra os incendios que afectaron os montes do municipio durante o mes de outubro de 2017 e, nalgúns casos, colaborando con medicamentos para axudar a tres cabalos que habían resultado feridos polo lume.