Impoñen unha orde de afastamento ao home ao que un neno denunciou cando estaba maltratando á súa nai
Por Redacción
Este martes celebrouse o xuízo rápido contra o home ao que un menor de sete anos denunciou mentres estaba maltratando á súa nai.
Aínda que nun primeiro momento a vítima rexeitou interpoñer unha denuncia contra o seu agresor, dous días despois da chamada do neno de 7 anos alertando á Policía, a nai interpuxo unha denuncia contra a súa parella por dous delitos de malos tratos e de ameazas.
Este martes, durante o transcurso da vista, os avogados de ambas partes alcanzaron un acordo para facer firme a sentenza canto antes.
O home foi condenado a 40 días de traballos para a comunidade e a imposibilidade de ter armas durante dous anos. Ademais, dictouse unha orde de afastamento da súa vítima, coa que, ademais, non poderá comunicarse por ningunha vía durante oito meses.