Ferido grave un motorista nun accidente de tráfico en Vilagarcía
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada en estado grave a un centro hospitalario tras sufrir un accidente de tráfico na noite deste xoves en Vilagarcía de Arousa.
O sinistro produciuse sobre as 22.30 horas deste xoves na rúa Agustín Romero e consistiu nunha colisión entre un turismo e unha moto, resultado ferido o motorista.
Segundo informou Protección Civil de Vilagarcía, o ferido tivo que ser trasladado con prognóstico reservado, dada a gravidade das feridas sufridas.
O accidente produciuse a escasos metros da base de Protección Civil e supuxo a intervención de Protección Civil e a Policía Local de Vilagarcía, dunha ambulancia do 061 e persoal do punto de atención continuada desta localidade.
Dotación interviene en accidente de tráfico en Agustín Romero, de nuevo a escasos metros de nuestra base. Interviene 061 con médicos del #PACVILAGARCÍA y @PLVgA. Herido trasladado con pronóstico reservado. pic.twitter.com/efjtbPFJ9a
— P.C. Vilagarcia (@pcvilagarcia) 26 de abril de 2018