O aparcadoiro do Porto ofrece "de balde ata o verán" a primeira hora de estacionamento
Por Redacción
A primeira hora de estacionamento no aparcadoiro situado no Porto Deportivo Juan Carlos I será de balde a partir do 1 de maio.
"Consideramos que esta medida será moi beneficiosa para comerciantes e hostaleiros, entre outros sectores, xa que favorecerá que tanto veciños como visitantes dispoñan dun espazo para deixar os seus vehículos no centro da vila de Sanxenxo sen custe algún", comentou o vicepresidente da sociedade municipal, quen explicou que isto non conllevará cambios no uso do parking xa que os usuarios deberán retirar igualmente o correspondente ticket ao acceder ao equipamento "e só comezará a tarificarse a partirse do minuto 61".
Aplicarase de luns a domingo durante as 24 horas do día
Esta iniciativa, da que o equipo de Goberno deu conta xa o mes pasado á Mesa Local de Comercio, aplicarase ao longo de todo o ano, de luns a domingo durante as 24 horas do día, quedando excluída soamente a tempada de verán.
Concretamente, a gratuidade do estacionamento nos primeiros 60 minutos comezará a aplicarse o 1 de maio e prolongarase ata o 1 de xullo, retomándose de novo o 16 de setembro, momento en que conclúe a campaña estival.
"Pretendemos con elo que o feito de contar con estacionamento ben situado sexa un aliciente á hora de escoller Sanxenxo para comprar, comer ou cear, nun momento en que debemos brindar o noso apoio aos pequenos empresarios do municipio", engadiu Salvador Durán.
O consello de administración de Nauta acordou tamén conxelar as tarifas do aparcamento
Como complemento a esta acción, o consello de administración de Nauta acordou tamén conxelar as tarifas do aparcamento "que se encontran xa entre as máis baixas da provincia", subliñou o edil. Desta forma, o minuto continuará tendo un custo de 0,026 euros e os bonos de estacionamento fose do período estival seguirán sendo de 31,30 euros mensuales.
OBRAS APARCADOIRO
O órgano de xestión da sociedade pública autorizou tamén na reunión mantida este martes destinar unha cuantía de 49.800 euros máis IVE a acometer obras de limpeza e mantemento no aparcadoiro.
Os traballos, que se realizarán durante o mes de maio, consistirán no fresado duns 400 m2 de superficie, limpeza e aspirado, regularización do soporte mediante imprimación con adición de area de sílice e lixado e aspirado de todo o pavimento con imprimación coloreada.
Posteriormente, os operarios aplicarán dúas mans de resina epoxídica e unha terceira man de resina con cuarzos seleccionados para tratamento antideslizante en rúas e accesos.
Esta intervención incluirá tamén o pintado de alicerces, paredes, prazas e números, das reixas de ventilación e das escaleiras.