Día de carreiras no Sagrado máis solidario
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Desde hai tres anos o colexio Sagrado Corazón de Pontevedra vén celebrando unha semana solidaria chamada Sagrado+. Un evento que exterioriza, dunha forma festiva e educativa, o principio do proxecto educativo do centro "Educar homes e mulleres para os demais".
Ata o vindeiro venres haberá diferentes actividades como concertos, o bocadillo solidario, conferencias, talleres, cineforum e tamén organizaránse unha visitas a institucións da cidade que traballan por e para os demais como o xeriátrico Soremay, Calor e Café, o comedor de San Francisco, o centro Amencer, o xeriátrico Saraiva, a Unidade de Pediatría do Hospital de Pontevedra, o Centro de Transfusión, o Albergue de Peregrinos, a Protectora Os Palleiros, ou a Oficina de Voluntariado de Pontevedra.
A gran novidade deste ano é a xornada do venres: Alén das Aulas, onde todos os alumnos do colexio sairán a diferentes prazas da cidade para desenvolver diferentes as súas actividades académicas.
Este mércores foi a quenda da carreira solidaria.
Esta proba deportiva estivo destinada para recadar fondos a favor da ONG "Colaboramas", que está a levar a cabo un proxecto de axuda a 750 familias residentes na cidade siria de Alepo.