Chega un novo veciño á Finca de Briz: unha curuxa de madeira
Por Oskar Viéitez
Un novo habitante deuse este mércores a coñecer na finca de Briz. Se hai uns días fora unha xirafa, esta vez a elixida é unha enorme curuxa.
O autor lembra así a unha curuxa que vivía neste parque fai moitos anos, cando este entorno estaba abandonado.
Santi, o carpinteiro encargado da asociación Juan XXIII, móstrase moi satisfeito co resultado e agradecido por poder realizar esta talla.
A curuxa leva o nome de Pastora, que é unha veciña súa falecida recentemente, a que lle gustaba moito este animal.
O parque dos sentidos seguirá recibindo novos habitantes.