A Garda Civil detén un veciño de Barro por un delito de tenencia ilícita de armas
Por Redacción
A Garda Civil detivo na madrugada deste martes a A.S.C., de 30 anos de idade e veciño de Barro, como suposto autor dun delito de tenencia ilícita de armas e identifica a outras dúas persoas.
Nun control de seguridade que a Garda Civil de Vilagarcía realizaba na estrada N-550, punto kilométrico 108, término municipal de Barro, procedeuse a dar o alto ao turismo Alfa Romeo 156, ocupado por tres varóns.
Durante a súa identificación e nun cacheo superficial aos mesmos atópaselle, a un deles, un pasamontañas caseiro, unhas luvas e unha navalla. Realízase tamén un rexistro no vehículo localizando no maletero unha chaqueta con outro pasamontañas caseiro, propiedade da outra persoa identificada.
Continuando co rexistro do vehículo, na parte dianteira localízase, no interior da caixa de fusibles, outro pasamontañas caseiro, propiedade do detido e condutor do vehículo, que ocultaba un gorro negro e dentro deste unha pistola con tres cartuchos, de calibre 6,35 mm, no cargador, non aportando ningún tipo de autorización para a súa tenencia nin documento que acredite a súa legal pertenencia.
Por todo iso procedeuse á súa detención e trasladado ás dependencias oficiais do Posto da Garda Civil de Caldas de Reis onde se instruíron as correspondentes dilixencias.
O arma intervida será sometida ás probas de balística oportunas.
Tamén a Patrulla Fiscal da Garda Civil de Vilagarcía efectuou un acta-denuncia por circular o referido vehículo con gasóleo tipo B (bonificado).
No interior do turismo, ademais dos efectos relacionados, levaban tamén obxectos que poderían ser utilizados na execución de feitos delituosos, tales como: luvas, unha mochila grande tipo maleta, un desaparafusador, un alicate curta alambres, unha rebarbadora e un amperímetro.
O detido, que carece de antecedentes policiais non así os dous identificados aos que lles constan múltiples antecedentes, será posto a disposición do Xulgado de Instrución número dous dos de Caldas de Reis.