A Festa da Raia incluirá unha gran "cantada popular"
Por Redacción
Esta fin de semana terá lugar en Portonovo a XXIII edición da Festa da Raia e o goberno local quere que os asistentes sexan os verdadeiros protagonistas.
Por iso, ademais da degustación do propio produto e de actividades como os showcooking, os obradoiros e os xogos populares, está preparada unha gran "cantada popular" en masa, que percorrerá as rúas e prazas de Portonovo e estará na lonxa.
Haberá pasarrúas, clase de canto interactivo, quedadas espontáneas e a "macro cantada" na lonxa.
"+ Cantos" é unha proposta destinada a desfrutar da nosa música popular e tradicional da man da "Charanga O Equipo B", o acordeonista David Álvarez e diferentes aulas de canto de Marín, Pontevedra e Poio. Todos baixo a batuta de Nelson Quinteiro.
Ás 13.00 horas será o pasarrúas, ás 19.00 horas a clase de canto aberta, as 20.00 horas as cantadas espontáneas polas rúas e ás 21.00 horas a gran cantada popular na lonxa.
MÁIS DE 700 TAPAS VENDIDAS NA "RUTA DO PINCHO E RAIA"
Ata o momento foron un total de 712 tapas vendidas na "ruta do Pincho e Raia". Os locais participantes son: A Fonte da Vella, A taberna do Varadoiro, Bar El Puente, Bodega Viña Pedreira, Cervecería Azor, Cova de Ons, La Portonovesa, Mar do Pintor, Mesón Fontán, Pepa a Loba, Restaurante Xerfa e a Taberna A Batea.
En todos eles ata o próximo día 29 poderase seguir desfrutando destes pinchos que teñen un prezo común de 2 euros.
A ruta leva consigo un sorteo de un televisor de 40 pulgadas para todos aqueles que degusten os suculentos e atractivos pinchos que ofertan os hostaleiros de Portonovo.
Relacionadas:
-
Empoderar ás persoas de máis de 65 anos a través de actividades musicais e culturais
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
A Festa da Raia celebrarase a última fin de semana de abril
Por Redacción |
-
A Festa da Raia despachou 2.134 racións e 1.750 tapas
Por Redacción |
-
Portonovo ultima os preparativos para a XXIII edición da Festa da Raia
Por Redacción |