O skate e o BMX cítanse o 4 de maio en Marín na xornada festiva "Marín Ghetto Fresco"
Por Redacción
"Marín Ghetto Fresco". Así se chama a xornada festiva organizada pola Izel United Skate e BMX nas inmediacións do Parque Azul.
O próximo sábado 4 de maio dende as 10:00 horas, o 'skate park' marinense acollerá diversas actividaes entre as que se inclúen competicións de skate, BMX e scooter, cuxa inscrición se realizará no mesmo lugar minutos antes do comezo.
Ademais da rama competitiva a xornada contará con actividades de graffiti ou música con DJ's ata as 21:30 horas. Pouco despois, dende as 23:00 horas dará comezo unha 'after party' para o desfrute de todos os asistentes.