A Gala Solidaria Curro reúne 6.274 quilos de alimentos non perecedoiros
Por Redacción
Éxito rotundo. Así é como o equipo de Fundación Amigos de Galicia valora a Gala Solidaria celebrada este domingo en Barro, organizada pola comunidade de montes de Curro, xunto a Salnés Espectáculos.
Esta é xa a sexta edición e o obxectivo volvía repetirse: conseguir o maior número de alimentos non perecedoiros. Finalizado o reconto de todos os alimentos recollidos durante a tarde do domingo, foron 6.274 os quilos doados, principalmente leite, aceite, e legumes.
"É unha das edicións na que máis se conseguiu recadar, e por iso estamos moi agradecidos tanto aos organizadores, ás orquestras, aos veciños que se achegaron a entregarnos alimentos e á vez que nos acompañou durante toda a tarde", apuntan desde o equipo de Amigos de Galicia.
Todo o recadado durante a gala, será repartido a partir de agora entre as familias en situación de carencia económica que Fundación Amigos de Galicia atende na comarca Pontevedra.