Unha menor sofre queimaduras nun incendio orixinado nun armario en Marín
Por Redacción
Unha menor resultou ferida este martes con queimaduras en distintas partes do corpo tras verse implicada nun incendio iniciado no armario da súa vivenda en Marín.
Segundo indicou Protección Civil de Marín, o incidente produciuse ás 12.00 horas nunha vivenda situada no número 22 da rúa Jaime Janer.
A menor atopábase na vivenda acompañada de adultos da súa familia e foron eles mesmos e os veciños do ámbito que alertaron ao Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 e procederon a sufocar o lume.
Nun primeiro momento, o 112 mobilizou aos Bombeiros do Morrazo, pero finalmente non foi necesaria a súa intervención, senón que foron os propios efectivos de Protección Civil os que controlaron o lume que xa sufocaran os veciños facendo uso.
O lume iniciouse nun armario por motivos que se descoñecen e queimou este moble, diversas pezas de roupa e unhas cortinas do mesmo cuarto.
Segundo Protección Civil, a nena presentaba queimaduras nas mans e aparentemente tamén na cara. Esta circunstancia non foi confirmado, pero si que foi atendida por efectivos dunha ambulancia do 061.
Segundo fontes médicas, primeiro foi trasladada á Casa do Mar e, posteriormente, derivada ao CHOP. Ao lugar tamén acudiu a Policía Local e na vivenda congregouse un importante número de veciños.