300 escolares aprenden a realizar unha reanimación cardiopulmonar
Por Redacción
Estudantes de ensino secundario do IES Sanxenxo e do colexio Abrente, ademais de alumnos de primeiro da ESO, primeiro de Bacharelato e de cursos formativos participaron nunhas xornadas de formación onde adquiriron nocións básicas para recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, para poder alertar aos servizos de emerxencias e iniciar as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP).
Durante estas sesións, os escolares aprenderon a colocar en posición lateral a unha persoa con dificultades respiratorias.
Médicos, enfermeiros e técnicos do SEMES Galicia, coa colaboración da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE) foron os encargados de instruír os mozos para intervir en casos urxentes.
Este curso lévase a cabo debido a que a morte súbita orixinada por un paro cardíaco é unha das primeiras causas de morte no mundo. Saber intervir nunha situación destas características resulta fundamental á hora de salvar unha vida.