Publican as expropiacións para facer da senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Oskar Viéitez
A Xunta publica este venres no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se autorizan as expropiacións para a construción da senda peonil na marxe dereita da estrada PO-551, no treito entre Vilaseca e Lapamán, no Concello de Marín.
Trátase dunha senda para o uso de peóns e ciclistas non deportivos na marxe dereita da estrada entre o punto quilométrico 6+260 e o límite municipal co Concello de Bueu, na parroquia de Ardán.
Esta actuación, que conta cun orzamento de máis de 740.000 euros e case 17.000 euros para as expropiacións, inclúese no Plan de Sendas do Morrazo, que prevé executar en Marín 4 itinerarios cun investimento de arredor de 1,8 millóns de euros.
O DOG tamén publica hoxe a transferencia a prol do Concello de Marín do tramo da estrada PO-546, entre o inicio da rúa Concepción Arenal e o pavillón da Escola Naval.
O cambio de titularidade enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e o concello para a humanización da rúa Concepción Arenal, entre a rotonda das Anclas e rúa Real de Cantodarea, cun orzamento de 1,6 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Covsa construirá a senda entre Vilaseca e Lapamán
Por Redacción |
-
A Xunta cita aos afectados polas obras da senda entre Vilaseca e Lapamán
Por Redacción |
-
A veciñanza traslada as súas suxestións sobre a senda de Lapamán á conselleira Ethel Vázquez
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Impulso á senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Diego Espiño |
-
A Xunta agarda contratar este ano as obras da senda Vilaseca-Lapamán, en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín solicita á Xunta a creación de sendas peonís en Seixo, Lapamán e Pardavila
Por Redacción |