Fiscalía e Defensa cren que sairá absolto o acusado de abusar sexualmente da súa sobriña
Por Oskar Viéitez
Este martes quedou visto para sentenza na Audiencia Provincial de Pontevedra o xuízo contra Fernando C.V. un veciño de Lalín acusado de sete delitos de abusos e agresións sexuais, para o que a Fiscalía solicitou unha condena de 37 anos e tres meses de prisión.
Unha moza de 24 anos denunciou, sendo adolescente, que o acusado, que é o seu tío, abusara sexualmente dela durante 11 anos, cando tiña entre os 4 e os 15 anos de idade. No seu día aportara todo tipo de detalles sobre sete episodios de abusos e agresións sexuais con penetración producidos en Lalín e Canarias, pero durante o xuízo asegurou ao tribunal que non recordaba nada do sucedido.
Nuria Llarena, avogada da defensa, pediu a libre absolución para Fernando C.V. e mostrouse confiada en que a sentenza sexa favorable ao seu cliente xa que segundo explicou "atendiendo a la jurisprudencia tiene que ser una absolución segura".
"Esta Fiscalía entiende que la sentencia sea absolutoria"
O propio ministerio fiscal nas súas conclusións definitivas dixo que mantiña a acusación "por respecto al arduo trabajo realizado durante la instrución" aínda que engadiu que "esta Fiscalía entiende que la sentencia sea absolutoria". De feito confirmou ante o tribunal da Audiencia de Pontevedra que si a sentenza é absolutoria non a vai a recorrer.
O fiscal reiterou o testemuño aportado polos peritos que cualificaban como "muy creíble la primera declaración de la mujer" pero dixo ser consciente de que para que exista proba de cargo ten que ratificarse o testemuño da presunta vítima ante o xuíz.
A moza durante o xuízo declarou que non recordaba nada, si dixese que non eran certas as acusacións formuladas no seu día tería unha consecuencia gravosa para ela.
A avogada do acusado cre que "desde el punto y hora en que ella no se ratificó ya no tendría que haber continuado el juicio, pero respeto el trabajo del Ministerio Público".
"Mi cliente lo único que quiere es olvidar, que cuando le vean por la calle se sepa que él no ha hecho nada"
O acusado e a súa avogada chegaron a suscitarse a posibilidade de solicitar danos e prexuízos por este caso "lo que pasa, no lo olvidemos, es que estas son cuestiones de familia, es complicado hacer ahora una reclamación cuando sabemos que su situación es difícil. Mi cliente lo único que quiere es olvidar, que cuando le vean por la calle se sepa que él no ha hecho nada de lo que le venían acusando, para él eso es lo más importante", dixo Nuria Llanera.
Finalmente a avogada explicou que a maior preocupación de Fernando "son las dudas ya que vive en un pueblo muy pequeño y le preocupa que la gente tenga la percepción de que él pudo llegar a hacer lo que la chica dijo en su día. Aunque está muy tranquilo con su conciencia porque sabía que todo es mentira y siempre ha mantenido su inocencia", concluíu.