Os socialistas instan á creación dun servizo de coidadores municipais
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Socialista presentou este xoves unha proposta para que o Concello de Pontevedra estude a creación dun servizo de coidadores.
Esta figura xa existe en outros moitos concellos como servizo de acompañamento a persoas maiores ou con problemas de mobilidade para axudarlle en algunhas das tarefas cotiás como ir con elas ao médico, que se lles fagan os recados da vida diaria, se manteña un control sobre o seu estado, ou se lles dea apoio para a tramitación de axudas, entre outras cousas.
"A idea é que non se sintan soas, que poidan facer cousas para as que precisan acompañamento e que saiban que o concello se preocupa por elas", dixo a concelleira Paloma Castro.
Os socialistas propoñen que se estude a implantación progresiva deste servizo segundo as indicacións de necesidades que elaboren os servizos sociais do concello.
"O mais importante dun modelo de cidade son as persoas e non as beirarrúas", dixo a concelleira do PSOE.